Skip to main content

Actividades paralelas

Soños

30 de novembro
20:30

Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario. Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil.

Resalire

Sala de exposicións Universidade de Vigo Campus de Ourense
Do 29 de novembro ao 30 de decembro  (2023)
Horario da sala

Resalire é un proxecto fotográfico do artista Fuco Reyes, co que pretende achegarnos á intimidade, aos soños e ao futuro imaxinado das mozas e dos mozos en situación de tutela. O proxecto parte de un traballo previo coas rapazas e rapaces nos que se busca a libre expresión captada polo fotógrafo nunha serie de 14 retratos. Cada imaxe nace coa conversa entre o artista e o retratado, e van ademais acompañadas dun pequeno texto.