Actividades paralelas
Resalire
Capacidade dun corpo para recuperar a súa forma orixinal a pesar das forzas que tratan de modifícalo; a capacidade dunha persoa que foi, de volver a ser.
Actividades paralelas
Capacidade dun corpo para recuperar a súa forma orixinal a pesar das forzas que tratan de modifícalo; a capacidade dunha persoa que foi, de volver a ser.
“O proceso de creación de Resalire”
Resalire é un proxecto fotográfico do artista Fuco Reyes, co que pretende achegarnos á intimidade, aos soños e ao futuro imaxinado das mozas e dos mozos en situación de tutela. O proxecto parte de un traballo previo coas rapazas e rapaces nos que se busca a libre expresión captada polo fotógrafo nunha serie de 14 retratos. Cada imaxe nace coa conversa entre o artista e o retratado, e van ademais acompañadas dun pequeno texto.
Resalire forma parte da campaña de desestigmatización #NonNosXulgues, coa que dende a ONG Igaxes tratan de acabar cos estigmas que carga a mocidade do sistema de protección. Neste caso as e os rapaces da mostra nos miran directamente apelando a nosa empatía e comprensión, amosando todo o que significa, en definitiva, ser adolescente.
O artista fotográfico Fuco Reyes, merecedor de máis dunha decena de premios de fotografía, e unha das miradas máis innovadoras e suxestivas de Galicia, foi o artífice deste traballo artístico.