Actividades paralelas
Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral.
Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario. Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil.
Soños é, ademais dunha obra teatral, una campaña de desestigmatización que IGAXES pon en marcha para tratar de acabar cos estigmas que carga a mocidade en situación de tutela. A obra, que se estrea en Ourense en novembro no marco do I Congreso Internacional de Transición á Vida Adulta da Xuventude do Sistema de Protección, creouse coa intención de xirara ademais por centros educativos de secundaria acompañada dunha unidade didáctica coa que traballar os estigmas.
A representación será en galego e para asistir debes reservar a entrada ao inscribirte no Congreso.
Ficha da obra / Elenco
TEXTO: Fernando Epelde
DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA E ILUMINACIÓN: Violeta Martínez
ESCENOGRAFÍA: Títeres Alakran
ESPAZO SONORO: Jas Processor
RESPONSABLE TÉCNICO: Iván Rodríguez
DESEÑO E FOTOGRAFÍA: Rocio Cibes
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Tamara Canosa
ELENCO: Anxo Outumuro, Victoria Pérez e Sara Ferro
INICIATIVA: Igaxes