Skip to main content

Comunicacións

O libro de actas estará a disposición o dia 15 de xaneiro

Presentación de comunicacións

Todas as Comunicacións presentadas e aceptadas serán presentadas no Congreso e incluídas no libro de actas.

Comunicación 30,00€ + inscripción
PUBLICACIÓN EN THOMSON REUTERS ARANZADI

De entre todas as Comunicacións aceptadas o Comité Científico fará unha selección que será incluída nunha publicación de alto impacto. Se a Comunicación é seleccionada poñerémonos en contacto contigo para proceder ao correspondente abono de 30€ por autora ou autor asinante da Comunicación.

Enviar comunicación

Recibirás un email cando a túa comunicación sexa revisada polo comité científico.
Unha vez aceptada, para formalizar a presentación, debes facer o ingreso da inscrición ao Congreso e da presentación de comunicacións.

    Anexar comunicación (formato .DOC, DOCX. Tamaño máximo 2Mb)


    Temas das comunicacións

    A temática das comunicacións abarcará todos aqueles temas abordados en ámbito da transición á vida adulta das mozas e mozos do sistema de protección nun sentido amplo, tentando cubrir ao máximo os aspectos que poidan influír neste camiño á transición. As liñas que se propoñen non se deben entender como unha listaxe pechada senón só orientador das temáticas para abordar. A continuación descríbense algúns exemplos orientadores:

    • Avances de investigación sobre adolescencia e mocidade en tránsito á vida adulta/en dificultade social.
    • Formación de profesionais que traballan con mozas e mozos.
    • Boas prácticas de intervención con mocidade vulnerable.
    • O traballo en Rede: universidades, profesionais, entidades e administracións públicas na acción socioeducativa con mozas e mozos.
    • Resiliencia, autonomía, empoderamento e benestar social.
    • Inserción sociolaboral e transición á vida adulta de mocidade vulnerable.
    • A escola e intervención socioeducativa con adolescentes e mocidade vulnerable.
    • O lecer con adolescentes e mocidade vulnerable.
    • Intervención con familia na atención á mocidade vulnerable.