Skip to main content

Quen somos

O obxectivo da presente política de privacidade é achegarlles ás nosas persoas usuarias a seguridade e as garantías esixibles pola normativa de protección de datos para o tratamento dos seus datos. Por iso che recomendamos que leas atentamente a presente política de privacidade.

Cando accedes á web adquires a condición de persoa usuaria e tamén cando te subscribes e/ou rexistras en calquera dos formularios dispoñibles ou a través das distintas formas de contacto.

Esta política de privacidade, xunto co “Aviso legal e as condicións de uso” e a “Política de cookies” regulan o uso da web www.igaxes.org e, por tanto, a relación entre INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR (IGAXES), en adiante tamén o Responsable, e a persoa usuaria. 

A tal efecto informámosche de que o responsable do tratamento e o espazo web é INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR (en adiante, IGAXES), con CIF G15784978, con domicilio social na Rúa do Valiño 63-65, 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña), inscrita no rexistro de Asociacións co nº 621/2001 e no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia co nº E4857.

Concretamente na presente Política de Privacidade regúlase o tratamento de datos de carácter persoal das persoas usuarias, levado a cabo polo responsable quen garante que tratará os datos conforme o disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e na lexislación en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico.  (LSSICE).

A visita a www.igaxes.org como persoa usuaria non sempre supón a recollida de datos de carácter persoal, pero informámosche de que, cada vez que visitas a web www.igaxes.org, recollemos directamente, ou a través de terceiros prestadores de servizos, información de forma automática, referida ao dispositivo desde o que te conectas e outros datos da túa conexión, cuxa finalidade non é identificarte de forma individualizada. 

Non obstante, no caso de que nos comuniques datos de carácter persoal a través de calquera dos formularios accesibles, os teus datos serán tratados de acordo ao disposto na normativa de aplicación e de acordo co establecido na presente política de privacidade.

1. Que tipo de información tratamos?

Tratamos información técnica e información sobre a túa visita, que obtemos durante a túa navegación, tal e como a que se relaciona a continuación:

  • O tipo e a versión do buscador
  • Os servizos que visualizaches ou buscaches
  • Información sobre a interacción que realizaches nas páxinas
  • Información derivada do teu permiso na utilización de cookies para as finalidades que das mesmas se deriven, de acordo ao disposto na política de cookies.

En relación ás cookies e outras tecnoloxías similares, como por exemplo os pixels, informámosche detalladamente na “Política de cookies”, pero queremos informarche de que o responsable de www.igaxes.org non toma decisións automatizadas sobre personas nin elaboramos perfís de forma que se produzan efectos xurídicos sobre as persoas usuarias.

2. Cando e como tratamos datos de carácter persoal?

Recabamos datos que as persoas usuarias nos facilitan cando se subscriben a “Non perdas o último”, proporcionan datos para participar, colaborar e cando nos contactan a través de email cunha petición concreta e a través dos “Faite socio/a”, “Traballa con nós” e “Contacto”.

Estes datos considerámolos recabados da persoa interesada, quen declara que son veracres e que comunicará calquera modificación que nos mesmos se produza, e serán tratados de conformidade co disposto na normativa vixente en protección de datos de carácter persoal.

3. Que medidas de seguridade aplicamos?

O Responsable na aplicación das medidas de seguridade terá en conta o previsto no artigo 85.2 do RGPD para o tratamento realizado con fins sociais e fundacionais, en relación aos principios, os dereitos, as obrigas do responsable e do encargado do tratamento, as transferencias internacionais de datos a terceiros países, etc., sempre que sexan necesarias para conciliar o dereito á protección dos datos persoais e o interese lexítimo de Igaxes.

Por suposto, garantir a seguridade dos datos é un dos obxectivos de Igaxes, que, en conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, comunícache que aplica as disposicións establecidas tanto no RGPD como na Lei Orgánica 3/2018 e a normativa vixente de aplicación.

Estas medidas están encamiñadas a garantir a aplicación dos principios de protección de datos de carácter persoal polos cales os datos deben ser tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación coa persoa interesada e adecuadamente, con pertinencia e limitados ao estritamente necesario en relación cos fins para os que son tratados.

Por iso, o Responsable implementa políticas técnicas e organizativas axeitadas en relación coas medidas de seguridade e co fin de protexer os dereitos e liberdades das persoas usuarias.

4. A quen lle comunicamos os datos?

Tal e como indicamos no cadro relativo ao tratamento dos datos de carácter persoal, reiteramos o noso compromiso de non comunicar directamente datos de carácter persoal a terceiros, salvo que sexan persoas socias, proveedoras, contratistas e outras prestadoras de servizos que nos axudan na xestión, prestación e mellora dos nosos servizos, cumprindo as esixencias legalmente establecidas.