Asociación Engloba, Andalucía
Currículum vitae
Licenciado en psicoloxía pola Universidade de Granada.
MÁSTER MBA en Xestión e planificación de Residencias, MÁSTER MBA en Xestión de Recursos Sociais, MÁSTER Psicoloxía Clínica, MÁSTER Psicoloxía Xurídica.
Ten traballado durante tres anos como educador e psicólogo en centros de reforma xuvenil. Desde fai quince anos traballa na dirección dun Centro Residencial Básico, tamén coordina os diferentes programas da Asociación ENGLOBA a nivel técnico, e na xestión da parte administrativa de: programas de atención residencial, atención a xuventude extutelada, programas de orientación e inserción laboral, dispositivos de acollida inmediata, centros de estudo e diagnostico, programas de accións formativas, programas de atención a nais en risco de exclusión, programas de atención a vítimas de trata, escolas taller, casas de oficios, e outros programas del ámbito social.
Relatorio
MESA REDONDA
“Boas prácticas en programas de transición á vida adulta”
A REDE LABORAL COMO TECIDO DE APOIO AO TRÁNSITO Á VIDA ADULTA
Na comunidade andaluza, Asociación Engloba xestiona 333 prazas de atención residencial a menores baixo tutela ou garda administrativa, nas distintas modalidades (CAI, ISL, CRB, CED, COILS). Das citadas prazas, 206 son de programas específicos destinadas a menores migrantes que carecen dunha rede de apoio social e familiar xa que atópanse sós no país de acollida. Ao tempo, esta entidade xestiona 68 prazas para xuventude ex tutelada, no marco dun programa de alta intensidade. Destacar que, máis da metade destas prazas, destínanse a rapazada migrante. Este perfil de poboación, maioría migrantes, ten unhas necesidades diferentes ao resto de menores que son atendidos no sistema de protección. A situación de desprotección destes menores ven xerada pola súa propia condición de menor non acompañado, cun proceso migratorio ben definido por un obxectivo final: a procura de emprego.
O eixo central do traballo con estes menores consiste en dotar á persoa de todas aquelas ferramentas e habilidades necesarias que garantan a súa incorporación ao mercado laboral como piar fundamental para o seu proceso de emancipación e transición á vida adulta. É por iso que, atendendo ás súas particularidades como ser humano, é o menor quen, xunto cos profesionais, establece o método de traballo, poñendo énfase na formación práctica e orientación, así como na creación dunha rede laboral que contribúa a traballar a inserción co menor desde a súa entrada no sistema de protección. Esta liña de traballo non só se establece a nivel interno, xa que o traballo externo é fundamental para a creación dunha rede de recursos formativos e empresariais que permita a inserción no mercado laboral a través de ofertas laborais e/ou prácticas formativas de cada mozo, así como o reforzo. e ampliar as redes de apoio social que, de xeito informal, proporcionan empregabilidade dos mozos.