Directora de comunicación corporativa e ASG, Grupo Alsea

Currículum vitae
Licenciada en psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e con máster en RRHH por Garrigues, comezou a súa carreira profesional no ámbito do sector social, traballando en intervención directa con mulleres migrantes e sobreviventes de violencia. Tras catro anos no sector tivo a oportunidade de entrar na empresa privada e comezou o camiño en RRHH en PwC para posteriormente entrar no mundo da RSC do que xa non saíu. Con máis de 15 anos de experiencia no sector actualmente lidera a área de Comunicación Corporativa e ASG en Alsea, a maior empresa de marcas de restauración en España.
Relatorio
MESA REDONDA
“Boas prácticas na inserción laboral”
“Esa primeira oportunidade que nunca esqueces”: Todas as persoas recordamos con cariño cando e como foi esa primeira oportunidade que abriu o camiño de quen somos hoxe. Esa persoa que te acompaña, esa empresa que confía en ti aínda que non teñas experiencia nin coñecemento. En Alsea levamos moitos anos querendo ser esa primeira porta que se abre, esa oportunidade que fai que a mocidade, veña da realidade que veña, teña un lugar no que empezar a despegar, sen etiquetas. A través de programas formativos, prácticas, primeiras experiencias, titores e mentores. Diferentes programas adaptados á realidade de cada unha das nosas marcas. Porque todos temos dereito a que nos abran esa primeira porta para comezar o camiño que nos leve aos nosos soños.”