Agintzari – País Vasco

Currículum vitae
Licenciado en Pedagoxía e Diplomado en Educación Social. Profesional da intervención socioeducativa con menores, xuventude e familias en diferentes programas en Agintzari Sociedade Cooperativa desde 2003. Na actualidade, responsable de programas de acollemento residencial de menores e de programas de transición á vida adulta.
Relatorio
MESA REDONDA
“Boas prácticas en programas de transición á vida adulta”
Programas para a preparación e realización de itinerarios personalizados e integrais de inclusión e transición á vida adulta de persoas novas sen rede de apoio Familiar.
As transicións da infancia á idade adulta son períodos clave para unha integración social e comunitaria óptima. O concepto de transición da infancia á idade adulta foise transformando ao longo dos anos e non afecta da mesma maneira a todas as persoas e grupos.
Na actualidade, atopámonos transicións tipo “ioió”, que combinan entradas e saídas do mercado laboral ou da vivenda propia, e incluso períodos de autonomía económica con outros de necesidade de protección social. Por tanto, este proceso xa non é lineal e, en consecuencia, os programas non poden ser deseñados para atender a esa linealidade, xa que as “experiencias de vida son, en moitos casos, moito máis desiguais, menos previsibles. É por elo que necesítase:
- deseñar e desenrolar programas que permitan dar respostas personalizadas e integrais
- avaliar as iniciativas a través dun sistema de avaliación que midan a eficiencia, eficacia e impacto.