Universidade de Oviedo
Currículum vitae
Catedrática en Intervención Psicosocial do Departamento de Psicoloxía da Universidade de Oviedo.
A súa actividade investigadora enmárcase no Grupo de Investigación en Familia e Infancia (GIFI), do cal é subdirectora. O Grupo vén desenvolvendo a súa actividade estreitamente vinculada á práctica profesional dos servizos sociais de familia e infancia. Durante os últimos anos, as súas liñas de investigación centráronse na avaliación e intervención sobre os problemas emocionais e de conduta da poboación atendida en fogares de protección á infancia, así como na avaliación de programas de acollemento residencial terapéutico e os programas baseados na evidencia.
Relatorio
“A intervención terapéutica en mozas e mozos acollidos en fogares de protección: necesidades e modelo de intervención”
A investigación internacional e de forma máis recente, varios estudos nacionais, evidenciaron a alta taxa de problemas emocionais e condutuais que presentan os nenos, nenas e adolescentes acollidos en fogares de protección. Non só é importante potenciar a detección e avaliación das devanditas necesidades, senón tamén desenvolver enfoques de intervención que adopten un carácter terapéutico capaz de promover a resiliencia e adecuado desenvolvemento desta poboación. A procura dun adecuado balance entre a intervención educativa e terapéutica supón un dos retos máis importantes do actual sistema de protección. Non se trata só de promover a creación de recursos de apoio que faciliten a cobertura ás necesidades de saúde mental, senón de potenciar competencias nos equipos educativos para manexar situacións e necesidades cada vez máis complexas, estratexias de coordinación e supervisión, e en definitiva, estratexias que permitan crear un ambiente terapéutico, curador, desde o contexto de acollida. Para iso, a implantación de programas baseados na evidencia, sustentados en modelos que demostraron ser eficaces para promover a resiliencia dos mozos acollidos, configúrase como unha estratexia fundamental para os sistemas de protección á infancia.