Universidade Pontificia de Comillas
Currículum vitae
Doutora en Pedagoxía, é actualmente directora do Departamento de Educación, Métodos de Investigación e Avaliación da Facultade de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade Comillas de Madrid.
A súa actividade docente céntrase na Metodoloxía de Investigación en Ciencias Sociais e a Innovación educativa. É directora do grupo de investigación “Innovación educativa para unha formación integral en diferentes etapas e contextos” sendo as súas principais liñas de investigación: a acción educativa en contextos vulnerables e a creación de instrumentos de medida para a investigación. É asesora científica do proxecto CaixaProinfancia na Comunidad de Madrid.
Relatorio
“Variables que inciden no éxito educativo en contextos de vulnerabilidade”
Neste relatorio preséntase unha análise das variables que fundamentalmente contribúen ou dificultan o éxito educativo do alumnado en situación de vulnerabilidade, achegando resultados de investigacións académicas neste ámbito, así como datos sociodemográficos e educativos de entidades e organismos relevantes. Realízanse algunhas propostas de intervención para a promoción do éxito educativo.