Universidade de Oviedo
Currículum vitae
Jorge Fernández del Valle é Catedrático de Intervención Social da Universidade de Oviedo. Director do GIFI (Grupo de Investigación en Familia e Infancia) cuxa liña principal é a avaliación de programas de acollida tanto residencial como familiar, e o desenvolvemento de instrumentos que faciliten a labor dos profesionais deste ámbito. Como investigador pertence a importantes grupos internacionais como as redes de INTRAC (investigación sobre transicións á vida independente desde a protección infantil), a International Research Network on Foster Care y la red APFEL para a Promoción da Acollida Familiar en Europa. É igualmente membro do comité directivo de EUSARF (European Scientific Association on Residential & Family Care for Children and Adolescents) e coordinador do Grupo de Traballo Internacional de Acollemento Residencial terapéutico xunto con Lisa Holmes e James Whitaker.
Relatorio
“Transición á vida adulta desde o sistema de protección: o que a investigación nos ensinou”
A situación que se xera cando as mozas e mozos que se atopa nunha medida de acollida (particularmente cando é residencial) cumpren a maioría de idade ven sendo un dos problemas centrais dos sistemas de protección en todos os países avanzados. Xa no ano 2008 edítase unha revisión da situación internacional nun libro editado por M. Stein e E. Munro que deixa ver as grandes diferenzas no enfoque e nos apoios a esta mocidade dependendo de cada país. Desde entón a investigación avanzou enormemente neste tema das transicións á vida adulta, en gran parte debido á iniciativa da rede de investigadores INTRAC-International Research Network on Transitions to Adulthood from Care- promotora do mencionado libro, do que se espera unha edición revisada desta obra para 2024. Esta rede que creamos un grupo de vinte investigadores reúne na actualidade a máis de douscentos membros.
Neste relatorio revisarase a investigación realizada tanto nacional como internacional e as consecuencias para a mellora da atención á mocidade en transición. Analizarase a evolución desde o noso traballo pioneiro en 1999 (E despois… Que?) ata os programas innovadores postos en marcha recentemente (PLANEA, Mentoría xuvenil, etc.)