Universidade de Vigo
Currículum vitae
Profesora Titular da Universidade de Vigo.
Doutora en Ciencias da Educación (Premio Extraordinario de Doutoramento, 2020) e en Ciencias do Comportamento (Premio Extraordinario de Doutoramento, 2011)
Licenciada en Psicopedagoxía (Premio Nacional Fin de Carreira) e Diplomada en Educación Social.
O seu ámbito docente/investigador céntrase nos procesos de socialización identitaria cisheteronormativa e etnocéntrica, así como nos discursos e prácticas de outredade con adolescentes.
Lidera o proxecto estatal “Bullying, heteronormatividade e etnocentrismo: o rol do profesorado de educación secundaria” (Programa Estatal de I+D+i) (2020-2023) e participa no proxecto “Adolescentes e mozos” LGBTIQ no sistema de protección á infancia e á adolescencia no Estado español”.
Entre as súas últimas publicacións destacan:
“Me and Us Versus the Others: Troubling the Bullying Phenomenon (Youth & Society, 2022)
“Troubling Secondary Victimization of Bullying Victims: The Role of Gender and Ethnicity” (Journal of Interpersonal Violence, 2022)
“The Time and Community Dimensions in Socio-Educational Intervention Strategies with Adolescents Incare during the Transition to Adult Life” (Children and Youth Services Review, 2023).
Relatorio
“Formación en igualdade e diversidade sexual e actitudes cis-heteronormativas das e dos menores no sistema de protección español”
Preséntase a formación das e dos menores do sistema de protección español en igualdade e diversidade sexual, así como as súas actitudes sexistas, homofóbicas e transfóbicas. Alén diso, analízanse as relacións entre a formación e as actitudes, observándose que aqueles que recibiron unha maior formación teñen actitudes máis positivas cara á igualdade e a diversidade sexual.