IGAXES – Galicia
Currículum vitae
Educadora Social, graduada pola Universidade de Vigo (Facultade de Educación e Traballo social de Ourense). Actualmente, coordinadora do Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, en Igaxes.
A súa traxectoria profesional como educadora social céntrase na intervención -en recursos residenciais e de atención de día- cas nenas, nenos e a mocidade do sistema de protección de Galicia.
As súas publicacións:
– Diéguez, N, Cid, XM, Carrera, MV i Cid, A. (2017). Educación per la Pau en la trayectoria Freinetiana. Del discurso originari als actuals movimiento de descola moderna a la península ibérica. Educación i Historia: revista d’història de l’educació. Enero-Junio (núm.29), pp41-63.
– Diéguez, N i Cid, XM. (2014). Els quaderns escolars de la mestra Rosa Pons i Fàbregas. (Ed.) Imatges de l’escola, image de l’educació. Actes de les XXI Tornades d’Història de l’Educació (pp.137-146) Palma de Mallorca, España.
Relatorio
“Resultados do programa de transición á vida adulta no ámbito rural”
Un proxecto para que as mozas e mozos tutelados ou en risco de exclusión poidan ter un futuro nas áreas rurais, sen abandonar as súas raíces.
Calquera persoa debería poder construír un proxecto de vida no lugar desexado, aínda que para a xente nova cada vez resulta máis complicado. A situación é aínda máis complexa para as mozas e mozos tutelados ou en situación de vulnerabilidade.
Este programa, financiado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia pretende apoiar á mocidade para que poidan crear un proxecto de vida -nos concellos rurais do sur da provincia de Lugo e o norte de Ourense-, eliminando as barreiras de acceso á formación, vivenda e emprego; e fomentando a xeración de vínculos coa comunidade.
No relatorio, analizaranse os resultados -tralos dous anos de execución- da intervención do Programa de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas.