Skip to main content
Relatores

Pilar Ramallal

IGAXES

Currículum vitae

Pilar Ramallal é educadora social e pedagoga. Máster en procesos de formación, máster en intervención e emancipación con mozas e mozos en conflito social e máster en intervención e coidado familiar. Terapeuta familiar sistémica e con formación en crianza terapéutica. Actualmente completa os seus estudos no eido do apego e o acompañamento – reparación do trauma das mozas e mozos do Sistema de Protección de Menores e en tránsito á vida adulta. Participa actualmente no programa de doutoramento en ciencias da educación e do comportamento na Universidade de Vigo. Actualmente, coordina o Programa Mentor e ten experiencia técnica no acompañamento a mozas e mozos do Sistema de Protección de Menores nos últimos 14 anos.

Relatorio
Venres, 1 de decembro ás 12:15

“O modelo de vivenda de transición á vida adulta do Programa MENTOR”

As vivendas tuteladas e asistidas do Programa Mentor son espazos onde residen mozas e mozos do Sistema de Protección de Menores de entre 16 e 21 anos, lugares que promoven o seu desenvolvemento integral combinando criterios técnicos e a calidez profesionais. Constitúen un entorno de convivencia socioeducativa e de carácter terapéutico onde se garante unha base segura para poder dar o paso á emancipación coa maior capacidade persoal e preparación posibles. Consideramos que o acollemento residencial debe constituír unha alternativa válida á protección das mozas e dos mozos do Sistema de Protección de Menores sempre e cando lles resulte beneficioso, con criterios rigorosos, supervisión das tarefas socioeducativas, formación continua das persoas profesionais e un sólido traballo en rede. O obxectivo prioritario das vivendas tuteladas e asistidas será polo tanto, o apoio aos procesos de autonomía persoal e a promoción da participación social como base dunha cidadanía activa así como a integración, na medida que as mozas e os mozos o permiten, das historias de vida que os acompañan. No presente relatorio, preténdese facer unha achega ao modelo educativo que promoven as vivendas tuteladas e asistidas do Programa Mentor, que na actualidade son oito dispositivos con capacidade para 56 mozas e mozos.

Filter

Alba Vigo

Educadora Social

Amaia Bravo Arteaga

Universidade de Oviedo

Carlos Rosón

IGAXES - Galicia

Cristina Segura Talabera

Directora inclusión social na Fundación "La Caixa"- Programa Incorpora

Daniel Rijo

Universidade de Coímbra

Diego Jesús Heredia Sánchez

Asociación Engloba, Andalucía

Joana Miguelena

Universidade do País Vasco

João Pedro Gaspar

Universidade de Coímbra e PAJE – Plataforma de Apoio á Mocidade (Ex)tutelada

Jordi Longás Mayayo

Univ. Ramon Llull, Barcelona

Jorge Fernández del Valle

Universidade de Oviedo

Laura García Alba

Universidade de Oviedo

Laura Santos

Universidade de Coímbra

Lidia González Moreno

Asociación Educativa Itaca, Cataluña

Mª Auxiliadora López Fonseca

ASECAL - Castela e León

Marcos Madrigal

Identidad para Ellos y Ellas - Asturias

María Carme Montserrat Boado

Universidade de Girona

María Escribano

Xerente sostenibilidade/RSC, comunicación interna e cultura en Alsea - Grupo Alsea

Nerea Arechaga

 Rusiñol - Servei Solidari

Núria Diéguez

IGAXES - Galicia

Paulo Delgado

Escola Superior de Educación do Instituto Politécnico de Porto

Ricardo Barroso

Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro

Robbie Gilligan

Trinity College Dublín

Sebastià Cladera Guardiola

Fundación Amés, Baleares

Silvia Diana Jens

Cooperativa Redes - Madrid

Unai Zabala

Agintzari - País Vasco

Victor Martín Solbes

Universidade de Málaga