Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro

Currículum vitae
Profesor asociado na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, onde durante varios anos adicouse especialmente á ensinanza e investigación dos procesos de avaliación e intervención psicolóxica en comportamentos agresivos en mocidade e adultos; psicólogo con especialización en Psicoloxía Clínica e Psicoloxía da Xustiza, doutorado en Psicoloxía; responsable de varios proxectos científicos no campo da violencia sexual financiados por entidades nacionais e a Unión Europea; e autor de varios artigos científicos. No ámbito da súa actividade profesional, foi consultor de organizacións gobernamentais tanto nacionais como internacionais. Actual Presidente da Sociedade Portuguesa de Psiquiatría e Psicoloxía da Xustiza, e Investigador do Centro de Psicoloxía da Universidade de Oporto (CPUP).
Relatorio
“Prevención da violencia sexual na xuventude”
Os procesos de intervención psicolóxica con mocidade que cometeu agresións sexuais desenroláronse inicialmente seguindo teorías e prácticas existentes deseñadas para adultos, sen considerar que a mocidade que cometera delitos sexuais podían ser diferentes a ese tipo de agresores. Ademais, durante varios anos prestouse pouca atención ás diferencias que podían existir entre os mozos que cometían delitos sexuais e non sexuais. Desde fai algunhas décadas, xerouse unha importante serie de coñecementos técnicos sobre este sector da poboación (adolescentes), tanto a nivel de prevención primaria como secundaria. Esta comunicación tratará de abordar estas estratexias de intervención, subliñando os resultados obtidos ata agora en varios estudos realizados en Portugal.