Universidade de Oviedo
Currículum vitae
Laura García Alba é Doutora en Educación e Psicoloxía, Investigadora Postdoutoral no Departamento de Psicoloxía da Universidade de Oviedo e membro do Grupo de Investigación en Familia e Infancia. A súa investigación céntrase no desenrolo, implantación e avaliación de programas relacionados co apoio á transición á vida independente de xuventude tutelada polo sistema de protección en España, así como no desenrolo de instrumentos de avaliación relacionados. É autora do Programa PLANEA de promoción de habilidades para a vida e autonomía persoal para xuventude en acollemento residencial e membro desde 2019 da rede internacional INTRAC para a investigación das transicións á vida adulta desde o sistema de protección (International Research Network on Transitions to Adulthood from Care).
Relatorio
MESA REDONDA
“Boas prácticas no modelo de participación”
Programa PLANEA: habilidades para a vida e autonomía persoal en acollemento residencial
PLANEA é un programa de promoción de habilidades para a vida independente deseñado para traballar con xuventude que viva en fogares de protección desde os 14 años en diante, desenrolada como unha actualización do programa Umbrella (Del Valle y García-Quintanal, 2005), na que se adaptaron e ampliaron os contidos iniciais para adaptarse ás necesidades actuais da xuventude en acollemento residencial, optándose por presentalos mediante unha plataforma online.
As actividades do programa PLANEA organízanse en nove áreas temáticas principais que, á súa vez, compóñense de diferentes seccións de actividades. Entre elas trabállanse aspectos tan variados como a saúde, a procura de formación e emprego, o manexo dos cartos, o coidado do fogar. Estas actividades están deseñadas para ser traballadas polas mozas e os mozos en estreita colaboración coa súa educadora ou educador de referencia, con quen establecen conxuntamente un plan de traballo adaptado á situación, necesidades e perfil de cada moza ou mozo. Por tanto, supón unha ferramenta de traballo para os equipos educativos á hora de planificar os obxectivos de traballo con respecto á autonomía persoal nos fogares de protección así como para fortalecer, a través da intervención, a relación de confianza entre a moza/o e a educador/a.
A súa avaliación realízase mediante as Escalas PLANEA: un sistema multiinformante de instrumentos de avaliación das habilidades para a vida independente e a autonomía persoal, desenrolado e validado psicométricamente con excelentes resultados (García-Alba et al., 2021, 2022).
Este programa ten sido pilotado e está actualmente implantado na Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, onde é utilizado por máis de 40 recursos residenciais e no que foron dadas de alta máis de 200 mozas e mozos ata a data. Atópase en proceso de implantación en outras rexións e entidades da xeografía española.